miércoles, 21 de marzo de 2018

Bailando....!!!

Hoxe a volta da hora do lecer, estivemos a facer o noso momento de relax, hora de volver a calma para traballar, pero de súpeto, tiven unha petición que non podía rexeitar...querían bailar!!!pero non as cancións que cantamos e bailamos na aula de infantil....querían "Despacito", así que....a bailar!!!!
O pasaron XENIAL!!!!!
E despois "Madre tierra".......e a seguir traballando pero máis animados......!!!

Xogamos, creamos e aprendemos!!!

Estos días estamos aprendendo moitas cousas novas xogando...como sempre aprendendo de forma interactiva e divertida. A través da plastilina ademais de traballar a motricidade fina, estamos a traballar a imaxinación, a comunicación, afianzar contidos traballados...e igual ocurre coas construccións que tamén fomenta o traballo en equipo, o aprender a compartir, tomar acordos, respectar e valorar o que fan os compañeiros/as..
Onte, traballaron moito para facer o "Refuxio dos vengadores" que despois foi completado por unha chea de animais....estas actividades fomentan uns valores moi importantes de adquirir nestas idades...


martes, 13 de marzo de 2018

Cumple de Andrés!!!

Hoxe celebramos na clase o cumple de Andrés...xa ten 6 anos!!!!
Primero fixemos os debuxos, con cariño, para regalarlle polo seu aniversario, despois fixemos a súa coroa de "Star Wars", "soplamos as velas", cantamos, bailamos, xogamos....e ó terminar o día regalou ós seus compañeiros/as unha bolsa de chuches...Un día de festa XENIAL!!!
FELIZ ANIVERSARIO ANDRÉS!!!!

viernes, 9 de marzo de 2018

Emocións...

Como xa sabedes, levamos todo o curso escolar traballando diariamente as emocións coa axuda do conto "O Monstro das cores"...Este conto axúdanos a poder expresar a través das cores o que máis nos gusta, se estamos contentos ou enfadados, se nos gustou o que fixemos na clase....sempre reforzando estar amarelos (alegres), verdes (en calma) e sobre todo rosas (amor)...e buscando solucións se estamos vermellos(enfadado), azul (triste) ou negro (medo)...
Eu sempre lles digo que ó seu lado me sinto como "Un gran monstro rosa" porque teño a gran sorte de poder acompañalos na súa aventura de ensinanza-aprendizaxe.....
Fai uns anos lin un libro de Javier Urra que decía:
"Hay que educar en los sentimientos, en la apreciación de la riqueza de los mismos, en saber expresar los propios, en captar y entender los de los otros. A veces se educa al niño para que sea capaz intelectual y formativamente, pero se olvida cómo dar respuesta a los problemas emocionales. Ser apreciado, sentirse seguro, querido, son los requisitos imprescindibles para avanzar en el camino del desarrollo"...
De ahí, a importancia que lle dou a buscar o equilibrio entre o desenrolo intelectual e o emocional....e  días como hoxe,  nos que salgo do cole como un GRAN MONSTRO ROSA,  que también recordo a seguiente cita:
"Las personas con discapacidad constituyen el más valioso yacimiento moral y su integración la mejor prueba de la solidaridad inteligente"....
Vos deixo  unhas fotografías....non é necesario comentalas....falan  por si soas...

GRAZAS A ESTES ESTUPENDOS NENOS E NENAS VIVO MOMENTOS TAN BONITOS COMO ESTE....SEMPRE CON GAÑAS DE SEGUIR TRABALLANDO Ó SEU LADO!!!

jueves, 8 de marzo de 2018

Actividades de contacontos para a tarde do venres

Mañá venres 9 de marzo temos dúas actividades moi interesantes en Pontevedra...Contacontos!!!!
Un é na Biblioteca Pública de Pontevedra a cargo de Raquel Queizás e outro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra que o fai Polo Correo do Vento...dúas oportunidades de gozar en familia dunha experiencia divertida para os nenos e nenas....!!!
                                                                   "Cinema de historias" con Raquel Queizás

SE QUEREDES INFORMACIÓN SOBRE ESTAS ACTIVIDADES PREME NOS SEGUINTES ENLACES:

Visita do carpinteiro Alfonso

Seguimos traballando coas profesións e hoxe tivemos a gran sorte de que nos visitara un carpinteiro...
Como nas outras visitas que xa tivemos de profesionais, invitamos a os nenos e nenas de  3 anos e de 1º e 2º de Primaria...
Alfonso veu cargado de moita ferramenta, que nos explicou para que valía, varios tipos de madeira... traía moitas gañas de ensinarnos moitas cousas sobre a profesión de carpinteiro....
Foi unha experiencia xenial grazas a súa colaboración...
E puxo en práctica todo o que nos explicou facendo unha caixa nun momento, grazas a súa habilidade coa madeira...
Tanto nos gustou que cando marchou os nenos e nenas da clase quixeron xogar a ser CARPINTEIROS!!!!


MOITAS GRAZAS ALFONSO!!!!!!



miércoles, 7 de marzo de 2018

A importancia e necesidade de XOGAR!!!

Nestas idades coñecemos  a importancia que ten o xogo para o desenrolo dos nenos e nenas...tal é como di Francesco Tonucci, xogar para un neno/a é a posibilidade de recortar un anaco do mundo e manipulalo, so ou acompañado de amigos/as, sabendo que a onde non pode chegar pode inventalo. Todas as aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando....De ahí a importancia de XOGAR!!!


Ellissa...

Como xa sabedes o xoves da semana pasada chegou a nosa aula unha nova compañeira que recibimos cos brazos abertos....Estamos moi contentos e contentas de que sexa parte da nosa aula e estamos á axudar para que se adapte o antes posible á nosa clase e a o cole...e que forme parte do grupo de amigos e amigas da aula...

BENVIDA!!!!!!


viernes, 2 de marzo de 2018

Xogando coa plastilina e as construccións

Estas semanas estivemos traballando e divertíndonos xogando coa plastilina...este material educativo é casi imprescindible nas aulas de Educación Infantil, xa que nesta etapa traballase diariamente a psicomotricidade fina, de nenos e nenas, previa a outras actividades que precisan dunha maior precisión e coordinación.
Ademáis de traballar en equipo e pasalo ben cos compañeiros/as tamén poder desenrolar a nosa imaxinación...
Estivemos facendo os nosos nomes e medios de transporte e comunicación...