lunes, 30 de abril de 2018

Cumple de Ian e Uxío

Hoxe celebramos no cole o cumple de Ian, que cumplía onte 5 anos, e o de Uxío que tamén cumplía 5 anos pero hoxe...Así que festa dobre!!!!
E coma sempre, coloreamos uns debuxos para regalarlles, fixemos unha coroa, cantamos o cumpleanos feliz, bailamos, xogamos...e o rematar o día Ian invitou a os seus amigos e amigas da clase a unha festa de cumple e repartiu chuches...
O pasamos XENIAL!!!!!

PARABENS IAN!!!


PARABENS UXÍO!!!




A nai de Thiago contanos un conto

Hoxe tivemos a sorte de que a nai de Thiago, da aula de 3 anos, estivo no cole para contarnos un conto...Estivemos moi atentos á historia do Buhiño perdido....Nos encantou estar todos xuntos na aula de tres anos, todos os nenos e nenas de Educación Infantil e, para agradecerllo, fixémoslle uns bonitos debuxos.

MOITAS GRAZAS!!!



domingo, 29 de abril de 2018

Almorzo saudable

Este pasado venres na escola os nenos e nenas de Educación Infantil gozaron dun almorzo saudable...
Primeiro recordaron a roda dos alimentos, cunha explicación sobre cales debemos comer en maior ou menor cantidade...
 Despois tomamos un almorzo saudable comezando por un anaco de pan con manteiga e mermelada..
Tamén tomamos un zume de laranxa natural e leite con cacao...
E para rematar este almorzo saudable nos ensinaron como limpar os dentes e nos regalaron un cepillo e crema de dentes con un vasiño e un reloxo de area para saber canto tempo temos que cepillalos...

Xardineir@s...

O pasado xoves estivemos a plantar no patio da escola...Dentro das actividades do Proxecto sobre a Natureza que estamos a traballar na aula, todos os nenos e nas de E.I. plantamos sementes, amorodos, plantas de primavera...Unha actividade na que aprendimos moitas cousas sobre as plantas...

Todas as fotos as podes ver se premes no seguinte enlace:


jueves, 26 de abril de 2018

V Certame Fotográfico

Lémbrovos que ainda estades a tempo para participar no V Certame Fotográfico con fotografías dos nenos e nenas con máquinas programables que melloran a nosa vida..
Na clase estivemos facendo ensaios de como poden ser as fotos...





Animarvos a participar que ós vosos fillos e fillas failles ilusión!!!!

Día do libro

O luns  23 de abril celebrouse o "Día do libro" e os nenos e nenas de 4 e 5 anos o celebramos xuntos cos contos que levamos para casa e sendo protagonistas dunha publicación no Blogue da Biblioteca do Checho...


Se queredes ver toda a publicación so tendes que premer no seguinte enlace:

miércoles, 25 de abril de 2018

Cumple de Hugo!

O pasado día 21 de abril Hugo estivo de cumple...xa ten 6 anos!!!!
Hoxe foi o día no que disfrutamos da festa de cumple coloreando debuxos para levalo de recordo, fixemos unha coroa, "soplamos" as velas, cantamos a canción de cumpleanos, xogamos, bailamos...
E ó rematar a mañá repartiu unhas bolsas de chuches que tiñan unha pinta moi apetitosa...

PARABENS HUGO!!!!!


Saida ó Teatro

Onte fomos ao teatro a ver "A ovella Engracia" ao Pazo da Cultura en Pontevedra e pasámolo xenial...Ademais de gozar da actuación da ovella Engracia e a súa amiga a ovella Branca, tamén puidemos escoitar a un trío de Jazz que nos gustou moito...e ao terminar Orbil veu saudarnos...Como nos gusta ir de excursión!!!!



viernes, 20 de abril de 2018

Proxecto "Coidemos a nosa natureza"

Neste tercer trimestre estamos traballando a natureza...as plantas, o ciclo da auga, reciclaxe, distintas flores, o proceso de crecimiento das plantas, árbores....xa vos irei informando do que vamos traballando...
Polo de agora coñecemos o "Ciclo da auga", experimentamos coas lentellas un algodón e auga e a ver que ocurre...estamos tódolos días observando a ver que ocurre. Asemade, temos unha nova caixa de reciclaxe, xa tiñamos a de papel e agora tamén de plástico, estamos comendo froita e aprendendo as súas propiedades, a importancia da auga e de hidratarnos, que necesitan as plantas para crecer e hoxe pintamos xirasois e barcos con pinceles....como xa vedes imos avanzando no proxecto disfrutando como sempre de nosos aprendizaxes e experiencias.


María...

Dende a semana pasada hai unha compañeira nova no colexio que nos esta axudando na aula...estamos moi contentos de que este na aula connosco, trátase dunha coidadora que axudará a Uxío e a os demáis compañeiros/as...
Benvida María!!!!!

Ponlle as pilas ao teu bocata!!!!

O venres da semana pasada tivemos no colexio unha actividade moi interesante dende o Proxecto que se está a traballar no centro en relación coa alimentación...
"Aliméntate ben" nos achega as conservas de pescado e a súas boas propiedades para ser fortes e crecer sans...Grazas as PANS que estiveron connosco poidemos aprender cousas novas dos peixes e comer uns ricos bocatas...




Estaban moi ricosssssss!!!!

Comemos froita na aula!!!

Levamos dúas semanas disfrutando da froita na aula...Comimos plàtanos, arándanos, piña, mandarina...Estamos probando a diferente froita e disfrutando do seu sabor dentro do Proxecto do Centro, aprendendo a alimentarse ben.



martes, 17 de abril de 2018

V Certame Fotográfico

Convocamos o "V Certame Fotográfico". Coma sempre, está relacionado co PDI deste curso, "Meu amigo o robot".
O tema do certame será:"Máquinas programables que melloran a nosa vida".


Nas fotos deberedes aparecer vós empregando as máquinas ou aparellos. Solicitámosvos que enviedes as vosas imaxes por e-mail á seguinte dirección:
bibliotecadochecho@gmail.com

Todos aqueles que desexedes participar, tedes de prazo ata o luns 7 de maio. Agradecemos de antemán a vosa colaboración!!!

jueves, 12 de abril de 2018

Comemos mandarinas...

Hoxe continuamos coa semana da froita e o fixemos comendo mandarinas....asemade como somos nenos e nenas moi maiores tamén as pelamos....Que ricas estaban!!!!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

martes, 10 de abril de 2018

Mochila viaxeira

Como xa sabemos a Mochila Viaxeira está a pasearse por as casas de todos os nenos e nenas da clase...esta vez vai estar na casa de Breixo e Andrés...espero que desfrutedes dela en familia...

Mauro...

Hoxe Mauro non ensinou na aula os debuxos que fixo na súa casa de diferentes dinosaurios e, ademáis, fixo xunto co seu irmá pequeno palmeras de chocolate e de azucre que estaban riquísimas!!!!
Moitas grazas!!!!!!!!

Comemos arándanos...

Esta semana no colexio imos a degustar nas merendas froita!!!!
Hoxe comezamos comendo arándanos que moitos dos nenos e nenas da aula non probaran nunca...pero foi probalos é lles encantaron....estan moi ricos!!!!!

lunes, 9 de abril de 2018

Visitamos o "Salón do libro"

Hoxe disfrutamos da visita ó Salón do libro xunto cos compañeiros/as..Disfrutamos desde que saímos do cole para ir no autobús, chegamos e estaban unhas mozas moi simpáticas que nos ensinaron os recunchos do Salón e disfrutamos duns contos xunto a Andrea, vimos o nosos traballo exposto...
Pasámolo Xenial!!!!!!