Como foi o noso primeiro día, comezamos coñecendo o seu funcionamento, experimentamos con distintas plantillas, tivemos moitos erros pero tamén acertos que daban gañas de seguir aprendendo xunto coa nosa amiga o "Robot Abella"...
Coa axuda da mestra, os nenos e nenas reflexionan, anticipan, ensaian e comproban. Aprendendo por ensaio-erro e reflexionando sobre as súas observacións. Estamos así adquirindo a competencia de aprender a aprender, sendo tamén é unha novedosa e útil ferramenta para traballar co alumnado a LECTO-ESCRITURA facendo discriminación e recoñecemento das letras do abecedario, formando palabras ou a lectura comprensiva tendo que recorrer as escenas dun conto.
Seguiremos experimentando xunto coa nosa nova compañeira e xa vos iremos contando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario