miércoles, 27 de septiembre de 2017

Proxecto "O noso corpo"

Esta semana comezamos a traballar cos libros que trouxeron os rapaces e rapazas das súas casas....continuamos repasando a "Volta a escola" e comezamos "O noso corpo"...Estades invitados a calqueira aportación a este proxecto tales como fotografías de cando eran bebes, revistas, contos sobre o noso corpo, debuxos...que deixaremos na aula para consultar e despois voltarán a súas casas...
Hoxe fixemos en común o noso corpo por fora...para iso collimos o molde do encargado, que hoxe era Dante, e despois o coloreamos nun mural coas novas temperas sólidas que hai na aula e que lles encantou....Continuaremos investigando e aprendendo...o vos iremos contando....
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN...


Tamén pintamos coas témperas a nosa enfermeira que estábamos a facer...


E este é o resultado final...Estamos moi contentos....



No hay comentarios:

Publicar un comentario