miércoles, 4 de octubre de 2017

Axenda cultural para este fin de semana en familia

 Os fines de semana en Pontevedra están cargados de actividades para realizar en familia, de forma gratuita, e que pode ser moi interesante e divertido para os vosos fillos e fillas. Seguro que hai moitas máis pero son as que vou coñecendo...

No hay texto alternativo automático disponible.

Sabedes cal é o menú do ganapán deste sábado? Empanadillas! Segundo o país do que veñan, hainas de moitos tipos, formas e recheos: empanadas, samosas, quijadillas, aloo pies... Animádesvos a experimentar? Tedes que solicitar, como sabedes, praza no email: oganapan@omercado.gal ou no teléfono: 604 024 645 (tamén se pode avisar por Whatsapp). Vémonos ás 12:00 h este sábado no primeiro andar do Mercado.




Na Plaza de España este fin de semana celebrase Pontus Lupulus onde tamén hai espazo para os máis cativos, por exemplo, o Sábado 7, ás 12.30h o obradoiro "Peixiños de cartón.Historias a mogollón" (Casa Morada) e o Domingo 8 ás 12.00h "Conta contos ilustrado" (Polo correo do vento).

Aquí deixo a Programación:

DETALLES DO EVENTO

Terceira edición de “Pontus Lupulus”, o festival da cervexa artesanal de Pontevedra.
VENRES 06/10
13:30 h. Encontro con hostaleiros.
17:30 h. Apertura.
21:30 h. Concerto de Oh! Ayatollah.
00:30 h. Peche.
SÁBADO 07/10
12 h. Apertura.
12:30 h. Obradoiro “Peixiños de cartón, historias a mogollón”, con Aire Centro de Arte.
13:30 h. Cata maridaxe de queixo + cervexa. Coop. Meixoeira e Cortes de Muar + O Grifón.
14:30 h. Concerto de Gold & Colt.
16:30 h. “Un, dous, tres… Estamp-Acción!”. Obradoiro de estampación con Aire Centro de Arte.
17 h. “Loita de Titáns”. Concurso de novidades cervexeiras.
17:30 h. “Clin clin! Chap chap”. Música e reciclaxe. Construción de instrumentos musicais.
17:30 h. Sesión Dj con Hillbilly Guly + Aligator Turi.
20:30 h. Concerto de Mathew War.
21:45 h. Entrega de premios “Loita de Titáns”.
22:30 h. Concerto de Igloo.
01 h. Peche.
*Os obradoiros do sábado son gratuitos con límite de prazas, que se irán cubrindo por orden de chegada. Para nenos maiores de 4 anos ou menores se están acompañados dun adulto.
DOMINGO 08/10
12 h. Apertura dos stands de cervexa.
12 h. Contacontos ilustrado a cargo de Polo Correo do Vento.
13 h. Cata maridaxe con The Basset Beer Club.
14 h. Concerto de Flip Corale y Los Macabros.
16:30 h. “Hora de psico”. Grupos de psicomotricidade relacional para nenos e nenas de 2 e 3 anos con Eva Picallo.
19 h. Concereto de The Trunks.
20:30 h. Sorteo de cervexas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario