viernes, 20 de octubre de 2017

Unha semana chea de experiencias

Esta semana estivo chea de experiencias como a da robótica ou colorear as follas de outono, pero fixemos moitas cousas máis que nos axudan a aprender cada día un pouco máis...
Esta semana tamén estivemos moi creativos coas construccións, cada vez máis altas e máis complicadas e froito dun traballo entre amigos...

Ademais o mércores estivemos na biblioteca lendo moitos contos acompañados polo Berberecho Checho...

E colocamos as follas que estivemos preparando para o mural do cole xunto coas follas dos demais compañeiros/as da escola...Esta árbore de outono esta quedando xenial....!!!


A árbore da escola esta casi listo, agora falta por rematar o do corredor de infantil, coloreando máis follas de outono, que o luns xa estará listo, para comezar co  Samaín que tanto nos gusta!!!


E para rematar a semana hoxe tivemos na aula a última hora da maña ó irmá de Iago, chámase Brais e estaba moi contento na clase, sentouse xunto ó seu irmá y sairon xuntos na fila para ir para casa...Grazas pola visita...


No hay comentarios:

Publicar un comentario