miércoles, 30 de mayo de 2018

Vermes de seda!

Hoxe estivo no cole a nai de Gabi de 5º de E.P. e nos ensinou os vermes de seda, O QUE COMEN, como poñen os ovos, como forman os seus casulos ata que a mariposa voa...Tivemos a sorte de que nos contou isto e poidemos telos nas nosas mans...MOITAS GRAZAS!!!







Estudando o Espacio...

Estamos traballando sobre como coidar o Planeta e tamén sobre o Sistema Solar, por iso estan a traer da casa libros e xoguetes para que nos axuden a aprender cousas novas deste tema que tanto nos interesa...MOITAS GRAZAS!!!



sábado, 26 de mayo de 2018

Cóntame un conto

Esta semana celebramos en E.I. O día das Letras Galegas coa visita dos nenos maiores do cole que viñeron a contarnos contos...Foi unha experiencia que nos encantou...MOITAS GRAZAS!!!
Tendes as fotos e os contos que nos leeron visitando o Blog dos Pequerrech@s da Carballeira e so tes que premer no seguinte enlace:

Saída ó Museo de Pontevedra

O pasado xoves saímos todo o colexio de visita ó Museo de Pontevedra. Estivemos divididos por grupos pero E.I. estivo xunta disfrutando das obras deste Museo...


Tendes toda a información e fotos no seguinte enlace:

lunes, 21 de mayo de 2018

E seguimos a aprender cousas sobre animais....

Estas semanas que estamos a traballar a natureza temos a sorte de que colaboramos todos para seguir aprendendo e dende as familias están a colaborar traendo cousas da casa para ensinar e compartir...


Tamén recollimos os primeiros amorodos que plantamos e seguimos a coidar moito as plantas....e no patio descubrimos os "bichos bola"....outra forma de seguir aprendendo....
Asemade, hoxe Mauro nos contou que estivo no Zoo de Madrid e nos ensinou fotos e compartiu con todos os animais que alí había...

MOITAS GRAZAS....!!!


Día das Letras Galegas

O pasado 16 de maio celebrouse no cole o "Día das Letras Galegas" e, para iso, nos xuntamos todo o alumnado e o profesorado para darlle unha homenaxe   María Victoria Moreno e, para dar os Diplomas as aulas que participaron no Certame Literario e un Diploma e un agasallo, a os alumnos e alumnas que participaron no Certame Fotográfico.
Os encargados de recoller os Diplomas da aula foron Dante e Alex e o fixeron xenial...

Se queredes saber ver máis fotos desta celebración so tendes que premer no seguinte enlace:
Para ver os traballos das aulas que participamos no Certame literario preme neste enlace:
E para ver as fotos dos alumnos e alumnas que participaron no V Certame Fotográfico:

Contame un conto...

Esta semana tocalle os alumnos e alumnas maiores da escola vir a contarnos un conto...Hoxe tivemos a sorte de contar con Manu que nos contou "Os sete cabritos"...e o fixo xenial...Para agradecerllo pintamos uns debuxos con moito agarimo...
MOITAS GRAZAS!


Se queredes ver máis fotos so tendes que premer no seguinte enlace:

sábado, 12 de mayo de 2018

Máis cousas dos animais!!!

Os nenos e nenas da clase seguen a traer información da casa sobre os animais....XENIAL!!!
Onte Manuel trouxo un conto de mIckey Mouse que tiña unha aventura cunha ra, Andrés dous dinosaurios, Alex un libro que nos ensinaba os diferentes sonidos dos animais, Xabi trouxo un elefante e dous dinosaurios, Iago un tiburón que ó tocarlle abria a boca e nos ensinaba os dentes e Mauro unha lechuza e os explicou a diferenza entre búhos e lechuzas...
MOITAS GRAZAS!!!!!

Serpe, lagartos, peixes e unha ra na clase!!!

Onte tivemos a sorte de que os pais de Ian troxeron a aula parte dos animais que teñen na casa, xa que son uns amantes dos animais, os coidan moito para que crecen sans e felices....
Así que nos trouxeron uns dous lagartos que eran moi tranquilos e que paseou polas mans e os brazos dos nenos e nenas, poidemos tocalos e nos explicaron como coidalos, onde viven...

Ademáis trouxeron dous peixes, un alvino e outro negro que tamén poden camiñar. Comen gusanos que poidemos ter na man e darlles de comer...
E de forma especial veu a aula unha serpe cunha ra cubana que é capaz de agarrarse a todo e que deu un paseo pola clase...
Así que hoxe, os nenos e nenas de Infantil, grazas ós pais de Ian, poidemos aprender moitas cousas destes animais e dos que teñen na casa pero o máis importante que aprendimos é, que hai que coidalos moito, darlles de comer e beber tódolos días, ter os terrarios limpos, levalos o veterinario e tratalos con moi agarimo.

MOITAS GRAZAS!!!!!


jueves, 10 de mayo de 2018

Contame un conto

A semana pasada celebrouse "Contame un conto" grazas as nais dos nenos e nenas de infantil....



Foi moi interesante esta actividade e pasámolo moi ben polo que os nenos e nenas de Infantil son protagonistas dunha publicación no Blog da Biblioteca do Checho...Se queredes ver o ben que o pasaron, so tendes que premer o seguinte enlace:

A Tartaruga e a colección de Insectos de Hugo

Hoxe estiveron  na clase a nai de Hugo e Noa, a súa irmá pequena, para ensinarnos a os nenos e nenas de Infantil a súa tartaruga e a colección de insectos de Hugo.
É unha tartaruga mariña e chámase Chispas...saiu do recipiente con auga na que viña da casa e deu un paseo onde todos e todas vela e tocala, con moito coidado e agarimo...aprendimos o que comía, onde vivía, como eran as súas patas....
Ademais estivemos vendo a colección de insectos que é impresionante!!!!!
Non me canso de dar grazas pola vosa colaboración tan importante para o proceso de ensinanza- aprendizaxe.


MOITAS GRAZAS!!!!!!


Máis cousas sobre animais...

Hoxe Andrés, Manuel e Mauro compartiron cos compañeiros e compañeiras cousas da súa casa para seguir coñecendo os animais...
Andrés trouxo unha mochila chea de cousas para ensinar os demais como un libro que falaba dos dinosaurios e un dinosaurio, un dragón e un tiburón de xoguete que despois compatiu no tempo de xogo. Manuel tamén compartiu a sua cebra, rinoceronte, hipopótamo, cebra e dinosaurios. E Mauro trouxo unha foto que ten xunto cun precioso loro que chámase Lila
MOITAS GRAZAS!!!!!

miércoles, 9 de mayo de 2018

Compartimos información da casa sobre animais...

Hoxe foi o primeiro día no que podíamos traer da casa cousas relacionadas cos animais e, foi un éxito, estivemos encantados na Asemblea vendo e compartindo xoguetes e libros cons amigos e amigas...
Andrés trouxo un libro sobre cabalos e ponis que nos gustou moito e do que aprendimos cosas novas sobre estes animais, Hugo tiña uns animais que quiso compartir cos demais, Iago un libro sobre tiburóns que era moi interesante, xa que, nos ensinaba como eran os tiburóns por dentro e Mauro trouxo unhas fotos con un tigre, pero un tigre de verdade!...é un valiente!...e con Marshall da Patrulla Canina, un can Dálmata e unha manualidade dun nido con un paxaro que nos encantou....e non nos podemos olvidar do caracol que veu a aula con Xabi, que coidamos e fixemoslle unha casiña ata que o volvimos a levar ó campo que é onde ten a súa familia e os seus amigos e amigas para que viva feliz!!!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!





martes, 8 de mayo de 2018

Animais e o Espacio

Hoxe comezamos unha parte nova do Proxecto a traballar neste terceiro trimestre que estamos a traballar coa Natureza, como coidala, a importancia da auga, as plantas...e agora comezamos con ese tema que tanto nos gusta...Os animais...
Así que para esta parte do Proxecto podemos traer á aula animais de xoguete, puzles, contos, libros, fotos...de animais, ademais como sempre, a aula esta aberta a todas as visitas que queiran ensinar as súas mascotas, so tendes que falar conmigo e estaremos encantados de que veñades...
Tamén aparece o Espacio no título desta entrada, porque será a seguinte parte do Proxecto onde traballaremos o Planeta terra, o sol, a lúa...e que xa estamos investigando xa que é un tema que nos apasiona...
Para iso deixovos uns videos que estivemos vendo sobre animais e o espacio....







Estos son algúns que utilizaremos para investigar e por en común información.....

Os pais e a irmá de Xabi en clase!!!!!!

Hoxe os pais e a irmá de Xabi, Xiana, estiveron en clase para ensinar o nido que uns paxaros fixeron na súa casa. Nos regalaron un nido que fixeron primeiro e que abandonaron e, estabamos moi sorprendidos de que, animais tan pequnos poidan facer un traballo tan laborioso. Pero a maior sorpresa foi cando nos ensinaron as fotos dos paxaros que naceron e que están crecendo día a día. Ademais, había un video que se veía como abrían o pico para pedir a comida que os seus pais paxaros lles levan ó nido...Foi XENIAL....
Aprendimos moitas cousas sobre os paxaros...MOITAS GRAZAS!!!!
Encantados de recibir visitas na aula....

MOITAS GRAZAS!!!!!!

Cumple de Adrián

Onte celebramos o cumple de Adrián que xa cumplíu 5 anos o pasado Domingo...
Como sempre fixemos uns debuxos para regalarlle, soplamos as velas, cantamos, xogamos, fixemos unha coroa e despois tomamos tarta que trouxo da casa para invitar ós compañeiros/as de clase...

PARABENS ADRIÁN!!!!!!