Hoxe estiveron na clase a nai de Hugo e Noa, a súa irmá pequena, para ensinarnos a os nenos e nenas de Infantil a súa tartaruga e a colección de insectos de Hugo.
É unha tartaruga mariña e chámase Chispas...saiu do recipiente con auga na que viña da casa e deu un paseo onde todos e todas vela e tocala, con moito coidado e agarimo...aprendimos o que comía, onde vivía, como eran as súas patas....
Ademais estivemos vendo a colección de insectos que é impresionante!!!!!
Non me canso de dar grazas pola vosa colaboración tan importante para o proceso de ensinanza- aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario