viernes, 11 de enero de 2019

DE VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL...

Esta semana á volta do Nadal tivemos unha gran sorpresa....Papa Noel deixou uns paquetes de regalos para os nenos e nenas da clase....Cando os vimos tiñamos moitas ganas de abrilos e de ler a carta que nos deixara Papa Noel...
Tivemos moita sorte, xa que, temos unha caixa de moitas cores de rotuladores de punta fina, como os maiores, plastelina nova e unhas tesoiras de formas que nos encantan para as nosas manualidades....
Estamos moi contentos e contentas....non paramos de utilizalas no noso rincón de plástica...
 E esta semana, o xoves e o venres podíamos traer a clase xoguetes da casa....así ensinamos os xoguetes que máis nos gustan e compartimos cos amigos e amigas para xogar todos xuntos...
FOI XENIAL!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario