miércoles, 30 de enero de 2019

Día da Paz!!!

Hoxe, día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz...
Levamos xa uns días preparando este día cantando a canción que fixeron e que cantan os alumnos e alumnas de valores de 6º de E.P....

Cando a escoitamos nos encantou....así á sabemos de memoria!!!...
Tamén fixemos no corredor de Educación Infantil un "Arco da vella pola PAZ" e as tres aulas traballaron con agarimo para que nos quedara así de fermoso....

E como nos encantan as manualidades, cantar e celebrar o Día da Paz tamén fixemos uns colares co símbolo da PAZ e adornado coas nosas pegadas....
E para rematar estas actividades, hoxe celebramos todo o alumnado e o profesorado, o Día da Paz cantando e xuntando as nosas mans pola PAZ....!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario