A nai de Pablo Malaquías, dentro das actividades do Proxecto "Somos de Marín", visitounos o pasado venres xunto con Óscar e Sandra, para contarnos dous contos e cousas sobre o Síndrome de Down.
O pasado xoves 21 de marzo celébrouse o "Día do Síndrome de Down" e a Asociación "Xuntos", Asociación Síndrome de Down de Pontevedra, rematou esta semana de actividades facendo unha sensibilización no noso Colexio para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria.
Ó chegar a Biblioteca estaban a esperar por nos, a nai de Pablo, Sandra e Óscar...
Primeiro contaron xuntos o conto "Por cuatro esquinitas de nada" e "Elmer"...
Despois vimos un vídeo de Down Galicia, "Síndrome de Down-Guía Rápida"
E rematamos facendo unha foto con Óscar...
GRAZAS!!!!!