domingo, 24 de marzo de 2019

"Xuntos"

A nai de Pablo Malaquías, dentro das actividades do  Proxecto "Somos de Marín", visitounos o pasado venres xunto con Óscar e Sandra, para contarnos dous contos e cousas sobre o Síndrome de Down.
O pasado xoves 21 de marzo celébrouse o "Día do Síndrome de Down" e a Asociación "Xuntos", Asociación Síndrome de Down de Pontevedra, rematou esta semana de actividades facendo unha sensibilización no noso Colexio  para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria.
Ó chegar a Biblioteca estaban a esperar por nos, a nai de Pablo, Sandra e Óscar...

Primeiro contaron xuntos o conto "Por cuatro esquinitas de nada" e "Elmer"...

Despois vimos un vídeo de Down Galicia, "Síndrome de Down-Guía Rápida"


E rematamos facendo unha foto con Óscar...

GRAZAS!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario