martes, 31 de octubre de 2017

Festa de Samaín...

Despois de tantos días esperando e preparando o Samaín hoxe chegou a festa...Pasámolo xenial... disfrazados, tivemos a visita dos compañeiros e compañeiras de 1º onde nos contaron como superan os medos, xogamos todos xuntos, fixemos un obradoiro onde fixemos unhas "arañas terroríficas" adornados con serpes, calaveras e dedos....que medo!!!!!...e os nosos compañeiros/as de 3 anos fixeron uns "zumes terroríficos" que tiña arañas e gusanos...Ademais os nenos/as de 5º e 6º prepararon unha merenda con batidos feitos por eles/as onde a protagonista era a froita...e para rematar a maña na biblioteca contaron contos de medo...Un día xenial!!!!!

lunes, 30 de octubre de 2017

Locos polo Samaín

Moito nos gusta o Samaín e estamos a preparar esta festa con moitas gañas...estamos pintando debuxos, decorando os corredores da escola, lendo contos de medo....e sobre todo cantando e bailando cancións de Samaín...
Hoxe temos unha exposición de cabazas que é moi terrorífica...Moitas grazas pola vosa colaboración...Ademais continuamos facendo manualidades como os fantasmas e as cabazas que levamos para casa estos días...


martes, 24 de octubre de 2017

"Día das bibliotecas"

Hoxe na escola celebramos, todo o colexio, xuntos na biblioteca, "O día da biblioteca", na que alumnos/as de 6º curso fixeron unha exposición da biblioteca do cole, a robótica, as bibliotecas de aula e fixeron entrega das mochilas viaxeiras.


Na nosa aula de 4 e 5 anos a levaron para casa Andrés e Manuel...espero que  a disfrutedes en familia...





viernes, 20 de octubre de 2017

Unha semana chea de experiencias

Esta semana estivo chea de experiencias como a da robótica ou colorear as follas de outono, pero fixemos moitas cousas máis que nos axudan a aprender cada día un pouco máis...
Esta semana tamén estivemos moi creativos coas construccións, cada vez máis altas e máis complicadas e froito dun traballo entre amigos...

Ademais o mércores estivemos na biblioteca lendo moitos contos acompañados polo Berberecho Checho...

E colocamos as follas que estivemos preparando para o mural do cole xunto coas follas dos demais compañeiros/as da escola...Esta árbore de outono esta quedando xenial....!!!


A árbore da escola esta casi listo, agora falta por rematar o do corredor de infantil, coloreando máis follas de outono, que o luns xa estará listo, para comezar co  Samaín que tanto nos gusta!!!


E para rematar a semana hoxe tivemos na aula a última hora da maña ó irmá de Iago, chámase Brais e estaba moi contento na clase, sentouse xunto ó seu irmá y sairon xuntos na fila para ir para casa...Grazas pola visita...


Pintamos follas de outono

A semana pasada  pintamos as follas que recollimos no patio. Pintámolas de moitos cores para adornar a nosa árbore do corredor de infantil...encántanos pintar con témperas sólidas...!!!!



Estivemos de compras co BEE-BOT

Estivemos facendo recados despois de ir a o cole con BEE-BOT, o noso Robot-abella...Tivemos que andar pola súa, cruzar polos pasos de peóns, coller o autobús, ir a o médico...é dicir, camiñando pola cidade....cada vez facemos cousas máis complicadas intentando facer cada vez programacións máis difíciles...pero polo de agora o que máis nos custa é esperar o noso turno, pero seguro que imos a conseguilo....


martes, 17 de octubre de 2017

Cumple de Anxo

Hoy Anxo cumple 4 años y lo celebramos juntos en el cole...Al llegar le cantamos el cumpleaños feliz, coloreamos unos dibujos para hacerle un regalo con cariño, bailamos, cantamos, jugamo con los globos...y al terminar la mañana repartió una bolsa con los chuches que tanto les gusta...lo pasamos genial...

FELIZ CUMPLEAÑOS, ANXO!!!



lunes, 16 de octubre de 2017

Así somos por dentro...

Hoxe, tal como fixéramos con Dante, Mauro foi o encargado de ser o molde da nosa nova silueta. Esta vez, continuando co Proxecto "O noso corpo", fixemos como somos por dentro, así que fixemos o esqueleto. Primeiro fixemos a silueta e despois entre todos colocamos as partes do esqueleto e pegámolas no sitio correspondente...aprendimos moito con esta actividade, á vez que nos divertimos...Espero que vos guste...


lunes, 9 de octubre de 2017

Máis actividades do proxecto "O noso corpo"

Seguimos moi interesados neste proxecto e a vosa colaboración está sendo xenial para a labor de investigación do proxecto...Moitas grazas pola vosa colaboración...






Ademáis Hugo nos ensinou un álbum de fotos de cando iba a guardería e poidemos ver como cambiou estes anos e fixoxe un rapaz grande...




É no ximnasio traballamos o "ESQUEMA CORPORAL" que é moi importante na Educación Infantil dado que é a base para adquirir os diferentes aprendizaxes á vez que para construir a súa propia personalidade e autoafirmarse a sí mesmo e a os demáis. O movemento interven no desenrolo físico, nas orixes do seu carácter, nas relacións cos demáis e na adquisición de aprendizaxes escolares.


miércoles, 4 de octubre de 2017

Contacontos na Biblioteca Pública de Pontevedra




ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL PARA NENAS E NENOS DE TRES ANOS EN ADIANTE. 

Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.
Entrada de balde ata completar de aforo

Axenda cultural para este fin de semana en familia

 Os fines de semana en Pontevedra están cargados de actividades para realizar en familia, de forma gratuita, e que pode ser moi interesante e divertido para os vosos fillos e fillas. Seguro que hai moitas máis pero son as que vou coñecendo...

No hay texto alternativo automático disponible.

Sabedes cal é o menú do ganapán deste sábado? Empanadillas! Segundo o país do que veñan, hainas de moitos tipos, formas e recheos: empanadas, samosas, quijadillas, aloo pies... Animádesvos a experimentar? Tedes que solicitar, como sabedes, praza no email: oganapan@omercado.gal ou no teléfono: 604 024 645 (tamén se pode avisar por Whatsapp). Vémonos ás 12:00 h este sábado no primeiro andar do Mercado.




Na Plaza de España este fin de semana celebrase Pontus Lupulus onde tamén hai espazo para os máis cativos, por exemplo, o Sábado 7, ás 12.30h o obradoiro "Peixiños de cartón.Historias a mogollón" (Casa Morada) e o Domingo 8 ás 12.00h "Conta contos ilustrado" (Polo correo do vento).

Aquí deixo a Programación:

DETALLES DO EVENTO

Terceira edición de “Pontus Lupulus”, o festival da cervexa artesanal de Pontevedra.
VENRES 06/10
13:30 h. Encontro con hostaleiros.
17:30 h. Apertura.
21:30 h. Concerto de Oh! Ayatollah.
00:30 h. Peche.
SÁBADO 07/10
12 h. Apertura.
12:30 h. Obradoiro “Peixiños de cartón, historias a mogollón”, con Aire Centro de Arte.
13:30 h. Cata maridaxe de queixo + cervexa. Coop. Meixoeira e Cortes de Muar + O Grifón.
14:30 h. Concerto de Gold & Colt.
16:30 h. “Un, dous, tres… Estamp-Acción!”. Obradoiro de estampación con Aire Centro de Arte.
17 h. “Loita de Titáns”. Concurso de novidades cervexeiras.
17:30 h. “Clin clin! Chap chap”. Música e reciclaxe. Construción de instrumentos musicais.
17:30 h. Sesión Dj con Hillbilly Guly + Aligator Turi.
20:30 h. Concerto de Mathew War.
21:45 h. Entrega de premios “Loita de Titáns”.
22:30 h. Concerto de Igloo.
01 h. Peche.
*Os obradoiros do sábado son gratuitos con límite de prazas, que se irán cubrindo por orden de chegada. Para nenos maiores de 4 anos ou menores se están acompañados dun adulto.
DOMINGO 08/10
12 h. Apertura dos stands de cervexa.
12 h. Contacontos ilustrado a cargo de Polo Correo do Vento.
13 h. Cata maridaxe con The Basset Beer Club.
14 h. Concerto de Flip Corale y Los Macabros.
16:30 h. “Hora de psico”. Grupos de psicomotricidade relacional para nenos e nenas de 2 e 3 anos con Eva Picallo.
19 h. Concereto de The Trunks.
20:30 h. Sorteo de cervexas.


Máis cousas do "Noso corpo"....Grazas!

Estamos recibindo moito material que axuda a vosos fillos e fillas a aprender xogando e investigando, escoitando aos compañeiros e compañeiras...en resumo, a "aprender a aprender"...estas son algunhas fotos xa que, non nos da tempo tódolos días a ver todo... MAÑÁN MÁIS!!!!!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN....!!!!!










FOLLAS DE OUTONO

Estamos en outono e as follas das árbores están caendo, e como temos moitas no  patio e o tempo acompaña, saímos a recollelas xunto cos nos@s compañeir@s  de 3 anos...


E no colexio estamos a facer un mural e estamos colaborando con follas de outono de diferentes cores...hoxe estivemos traballando para colaborar nese mural...

 

lunes, 2 de octubre de 2017

Proxecto "O noso corpo"

Estamos inmersos xa no proxecto e cada vez temos máis cousas na aula que nos van axudar a investigar e aprender cosas novas. Hoxe recibimos material, que nos prestaron as familias, e que quedará na aula uns días para o noso "Rincón do proxecto".  Moitas grazas pola vosa colaboración...






Estas fotos son unha mostra do que temos na aula para o proxecto....mañá seguiremos vendo máis materiais que achegaron a aula compañeiros e compañeiras, que non nos deu tempo de mirar...