miércoles, 24 de enero de 2018

Eder fai de médico...

Outra profesión que coñecen os nenos/as son os doctores e doctoras...Non é unha das súas profesións favoritas, xa que non lles gusta moito ir, pero si lles encanta xogar a ser médicos e, como Eder trouxo da casa un maletín preparado para ser un bo Doctor, aproveitamos para facerlle unha revisión médica a Dante....


Aproveitamos para repasar as partes do corpo, que temos que cepillar os dentes, e para recordar que temos que ter moito coidado cos medicamentos, que soamente os podemos tomar cando os nosos pais nos lo dan...e que os médicos están para axudarnos a que estemos sans...







No hay comentarios:

Publicar un comentario