jueves, 25 de enero de 2018

Hora de ler e contacontos na Biblioteca

Mañá venres na Biblioteca Pública de Pontevedra haberá un contacontos e un obradoiro que o farán Polo Correo do Vento, que xa coñecemos de cando visitamos Clesa. Será as 18:00h, para maiores de 3 anos e é gratuito. 
É unha boa actividade para desfrutar en familia e fomentar o gusto pola lectura a os nenos e nenas dende pequerrech@s.
Na escola estamos lendo tódolos días a primeira hora, na escola temos á "Hora de ler" dende as 9 as 9.15h e, os de infantil, tamén desfrutamos de esta actividade. Traballamos diariamente no fomento da lectura e do placer que poden encontrar en ler, a súa maneira, os contos, coidalos e compartilos...


E non recordar que mañá Contacontos e Obradoiro na Biblioteca Pública de Pontevedra!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario