Hoxe celebramos en clase os aniversarios do mes de xaneiro, que foron os de Nerea e de José Ramón...
Xa teñen 6 anos!!!!....Que maiores!!!!!
Como sempre houbo unha maña chea de xogos, con coroa, a carpeta con debuxos de recordo dos seus amig@s, moita música...O PASAMOS XENIAL!!!!
Hoxe, día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz...
Levamos xa uns días preparando este día cantando a canción que fixeron e que cantan os alumnos e alumnas de valores de 6º de E.P....
Cando a escoitamos nos encantou....así á sabemos de memoria!!!...
Tamén fixemos no corredor de Educación Infantil un "Arco da vella pola PAZ" e as tres aulas traballaron con agarimo para que nos quedara así de fermoso....
E como nos encantan as manualidades, cantar e celebrar o Día da Paz tamén fixemos uns colares co símbolo da PAZ e adornado coas nosas pegadas....
E para rematar estas actividades, hoxe celebramos todo o alumnado e o profesorado, o Día da Paz cantando e xuntando as nosas mans pola PAZ....!!!!
Seguimos conociendo más personajes del País de las Letras...Estos días estuvimos trabajando y conociendo la "Señora m"...
Aquí os dejo como siempre los vídeos del cuento y la canción...
Mañá, venres 25, haberá na Biblioteca Pública de Pontevedra unha sesión de Contacontos e un Obradoiro de debuxo a cargo de "Polo correo do vento", ás 18.00h. É gratuito e unha oportunidade para poder disfrutalo en familia....
En clase seguimos conociendo más personajes del "País de las letras"....ya habíamos conocido al LECHERO L antes de Navidades pero ahora volvemos repasar....
Hoxe tivemos a sorte de contar con Eva, a coidadora do cole, que é unha excelente contadora de contos, que veu para contar a historia dos animais que se xuntan nunha asemblea para recibir o inverno....Foi un conto moi bonito e nos tivo a todos e todas atentos e atentas desfrutando del...
Esta semana á volta do Nadal tivemos unha gran sorpresa....Papa Noel deixou uns paquetes de regalos para os nenos e nenas da clase....Cando os vimos tiñamos moitas ganas de abrilos e de ler a carta que nos deixara Papa Noel...
Tivemos moita sorte, xa que, temos unha caixa de moitas cores de rotuladores de punta fina, como os maiores, plastelina nova e unhas tesoiras de formas que nos encantan para as nosas manualidades....
Estamos moi contentos e contentas....non paramos de utilizalas no noso rincón de plástica...
E esta semana, o xoves e o venres podíamos traer a clase xoguetes da casa....así ensinamos os xoguetes que máis nos gustan e compartimos cos amigos e amigas para xogar todos xuntos...
FOI XENIAL!!!!
Antes de irnos de vacacións de Nadal estivemos na clase facendo unha festa de cumple, para os nenos e nenas que teñen o seu aniversario en decembro, que nesta ocasión era o de Anxo.
Fixemos debuxos para facerlle unha carpeta de regalo e un recordo de este día, fixemos unha coroa e unha festa na que bailamos e xogamos....
Xa non queda nada para que cheguen os Reis Magos ás nosas casas, pero no colexio xa tivemos a sorte de poder estar con eles o último día de clase antes das vacacións de Nadal.
Para celebrar xuntos o Nadal tivemos unha mañá chea de actividades e unha visita moi especial....
Primeiro estivemos todo o colexio escoitando as panxoliñas dos nenos e nenas e Relixión Católica e Evanxélica...O fixeron XENIAL!!!!!
Despois tivemos a visita dos Reis Magos de Oriente!!!!!!!...que estiveron a falar connosco e nos
deron unhas "chuches"....foi moi emocionante estar tan preto deles!!!
E para rematar a mañá compartimos unha merenda e unha gran festa!!!